Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 9 de agosto de 2016 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente L11-41300-06-0015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente L11-41300-06-0015.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: L11-41300-06-0015.

Interesada: Atlántica de Negocios Medioambientales, S.L.

Acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente L11-41300-06-0015.

Último domicilio coñecido: rúa Benigno Quiroga, 34, baixo, 27360 A Pobra de San Xiao, Láncara, Lugo.