Filiación 261/2014.
Cédula de notificación.
No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxa resolución di:
«Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de José Manuel Mandayo Suárez e María del Carmen Mandayo Suárez, debo declarar e declaro que Juan Pedreira Rodríguez é o pai biolóxico de José Manuel Mandayo Suárez e de María del Carmen Mandayo Suárez. Acordo a oportuna rectificación no Rexistro Civil correspondente para adecuar o seu contido ao declarado na presente resolución, unha vez que esta adquirise firmeza, a inscrición de tal filiación e o correspondente cambio de apelidos, de maneira que pasarán a chamarse, respectivamente, José Manuel Pedreira Mandayo e María del Carmen Pedreira Mandayo».
E para que sirva de notificación á comunidade hereditaria de Juan Pedreira Rodríguez e ás persoas descoñecidas e incertas, expídese este edicto.
Ordes, 14 de marzo de 2016
A secretaria xudicial