Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de aprobación do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración para a ampliación da canteira Olveiro número 26, nos concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños (A Coruña).

A Xefatura Territorial da Coruña fai saber que a sociedade Construcciones López Cao, S.L., titular da concesión de explotación mineira para recursos da sección A) canteira Olveiro nº 26, promove a solicitude para a ampliación da canteira en 74.380 m2, co proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, e, de conformidade co artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), faise publicidade da devandita solicitude presentada.

Todas as persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña no Edificio Administrativo Monelos, praza de Luís Seoane, s/n, 2º andar, 15071 A Coruña, e na seguinte ligazón: http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html

Tamén poderán presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de trinta días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 11 de xullo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña