Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan parcial do sector SUD-21. Finca Alsina do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros, promovido por La Fortaleza, As Mariñas, S.L. (expediente 2016AAE1884; código 1792/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 26 de xullo de 2016, sobre o Plan parcial do sector SUD-21. Finca Alsina do PXOM, do concello de Oleiros, promovido por La Fortaleza, As Mariñas, S.L.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental