Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de agosto de 2016 pola que se notifica a incautación da embarcación Teresa Inés con matrícula 3ª-CO-3-1084.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e por telo así acordado o rexistrador de bens mobles da Coruña en virtude de cualificación efectuada o 20 de novembro de 2015, notifícase e dáse audiencia a Manuel Trinidad Sánchez, con derradeiro domicilio coñecido en praza Luis Rodríguez Lago, nº 1, 4º B, da Coruña, a resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 20 de febreiro de 2013 que acorda a incautación da embarcación de referencia, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese por atoparse a embarcación depositada en estado de abandono por período superior a un ano, dado o incumprimento das ordes de retirada emitidas pola Dirección de Portos de Galicia, e por exceder os dereitos creados e non satisfeitos sobre a embarcación do seu valor peritado, con base no establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º de Santiago de Compostela.

De acordo cos termos que se recollen na resolución que se notifica, outórgase a Manuel Trinidad Sánchez, copropietario da embarcación, un prazo de 15 días durante os que poderá formular alegacións e reclamar a devolución da embarcación, para o que deberá de poñerse en contacto coas oficinas portuarias de Sada, e acreditar o aboamento da totalidade dos débitos pendentes xerados pola embarcación en concepto de tarifas portuarias X-1 e X-2, débitos que na data de emisión da resolución ascendían a unha cantidade de 15.141,27 euros.

A resolución que emite a Presidencia de Portos de Galicia, firme e executiva, esgota a vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela, nun prazo máximo de dous meses contados desde a publicación, ou recurso potestativo de reposición ante esta Presidencia nun prazo máximo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia