Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente SAN-OU-059/2016-MP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 29 de xullo de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: SAN-OU-059/2016-MP.

Interesado: Isaac Caneiro Domínguez.

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.