Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/283-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Carpintería Metálica Alumán, S.L.

Domicilio social: Polígono Industrial Sabón, parcela 6 B, 15142 Arteixo.

Denominación: LMTS 15/20 kV, centro de seccionamento e ampliación de potencia de centro de transformación de 800 kVA.

Situación: Polígono Industrial Sabón, parcela 6 B, 15142 Arteixo.

Características técnicas: LMTS, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2) Al, lonxitude 14 m, tensión nominal 15 kV.

Centro de seccionamento equipado con tres funcións de liña con interruptor (Schneider Electric gama RM6).

LMTS de interconexión entre o centro de seccionamento e o centro de transformación, RHV 12/20 kV, 3×(1×95) mm2, de 8 metros de lonxitude en condutor de aluminio.

Ampliación de potencia de 400 a 800 kVA do centro de transformación existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo o previsto nos artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 5 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña