Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Bis Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37379

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 116/2016, do 22 de agosto, polo que se dispón que cese José Manuel Cores Tourís como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 28 e 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de agosto de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Manuel Cores Tourís como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e dous de agosto de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza