Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37213

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de xullo de 2016 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade e de denominación específica, do centro privado Fesán II, de Lugo.

O representante legal do centro privado (CPR) Fesán II, de Lugo, solicita o cambio de titularidade a favor de Paso a Paso Formación, S.L. e o cambio da súa denominación específica para denominarse Paso a Paso Formación.

Mediante escritura pública notarial do 1 de xullo de 2016, Fundación de Estudios e Análises, a través do seu representante, cede a titularidade do CPR Fesán II a favor de Paso a Paso Formación, S.L.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Primeiro

1. Autorizar o cambio de titularidade do CPR Fesán II, código 27020914, a favor de Paso a Paso Formación, S.L.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

2. Autorizar o cambio da súa denominación específica, que pasa a ser Paso a Paso Formación.

Segundo

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria