Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37097

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (326/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 326/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Buján Fernández contra Sonia Rodríguez Rey, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 14 de abril de 2016 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por María Pilar Buján Fernández fronte a Sonia Rodríguez Rey por despedimento, e admitida a trámite convocáronse as partes para os actos de conciliación e xuízo.

Segundo. No día da data chegaron a un acordo en conciliación nos seguintes termos, cuxo contido consta na acta expedida para o efecto:

«Que a empresa demandada mantén procedencia do despedimento obxectivo da demandante con data do 31 de marzo de 2016 e que lle ofrece a cantidade de 11.061,52 euros netos en concepto de indemnización. A dita cantidade, de ser aceptada pola traballadora, será aboada da seguinte forma: 4.000 euros mediante transferencia á conta bancaria da demandante en que percibía o seu salario, o día 20 de xuño de 2016, e o resto aboarase en 6 prazos de 1.000 euros cada un deles e un sétimo prazo de 1.061,52 euros. Os ditos prazos aboaranse na conta bancaria sinalada os días 20 de cada mes, comezando en xullo de 2016 e rematando en xaneiro de 2017. A traballadora acepta a oferta e forma de pagamento e cobrada a cantidade sinalada darase por saldada e liquidada, sen que teña que reclamar nada máis».

Fundamentos de dereito:

Único. O artigo 84 da LPL establece que se as partes alcanzan unha avinza, sempre que non sexa constitutiva de lesión grave a terceiro, fraude de lei ou abuso de dereito, ditarase decreto que a aprobe e ademais acordarase o arquivamento das actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes no día da data e arquivar as actuacións.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Sonia Rodríguez Rey, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza