Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2010/111-32.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 172.2 do Código civil, notifícaselle a Carlos Augusto Eras Díaz a resolución ditada o 28.7.2016 polo xefe territorial e relativa ao expediente número 2010/111-32, por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.

Dentro dos prazos e condicións establecidos nos artigos 172.2 do Código civil e 779 e 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, contra esta resolución caberá formular oposición, perante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social.

A persoa notificada ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 28 de xullo de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense