Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de reintegro de subvencións á promoción do emprego, regulada na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 161, do 26 de agosto), relativa ao expediente TR343A 2013/71-5.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución administrativa no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícanse as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, rúa Concepción Arenal, 8, 2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquelas, e advírteselles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa nos procedementos que se relacionan no dito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 4 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/006-5.

Nº de expediente en xestión: TR343A 2013/071-5.

Nome: Frentelogística, S.L.

NIF/CIF: B94084332.

Último enderezo coñecido: lg. Laxoso de Abaixo, 3, 36928 Ponte Caldelas.

Norma reguladora: Orde do 19 de agosto de 2013 (DOG núm. 161, do 26 de agosto) pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base décimo primeira, punto 1 do anexo A da mencionada Orde reguladora do 19 de agosto.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 13.4.2016.