Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada, da subministración de enerxía eléctrica para as instalacións do Complexo Ambiental de Cerceda da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), centro de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga) (expediente 04/2016 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://emprego.ceei.xunta.gal/licitacions

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de solicitudes de participación.

d) Número de expediente: 04/2016 SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de enerxía eléctrica para o abastecemento dos consumos dos servizos auxiliares das instalacións que compoñen o Complexo Ambiental de Cerceda de Sogama, así como daqueloutros que se poidan incorporar durante o período de vixencia deste contrato de acordo co establecido na cláusula 3.1.B) do prego de prescricións técnicas (PPT).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Cerceda (A Coruña).

e) Prazo de execución/entrega: dous anos e comezará a contar a partir da data que se estableza para este efecto no contrato, tomando como data prevista de inicio o 1 de xaneiro de 2017.

f) Admisión de prórroga: si, por mutuo acordo das partes ata un máximo de dous anos.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 09310000-5 (electricidade).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterio de adxudicación: o sinalado na cláusula L da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 20.608.644,92 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 8.840.169,40 €. Importe total: 10.696.604,97 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 3 de setembro de 2016.

b) Modalidade de presentación: no prazo indicado no punto anterior presentarase o sobre A coa solicitude de participación e a documentación que se sinala no número 6.2.A); sobre A) do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.gal

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar para presentar ofertas: invitaranse a todas as empresas que demostren a súa capacidade e solvencia para a execución do contrato (documentación do sobre A correcta e completa) de acordo coas condicións establecidas no prego.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do procedemento.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica relativa ao aspecto que vai ser obxecto de negociación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG). A publicación no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario

11. Data de envío do anuncio ao DOUE: 5 de agosto de 2016.

12. Outras informacións.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=57520

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria