Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO polo que adopta o acordo de aprobar o documento do Plan parcial de solo urbanizable delimitado SUD-Ro6-avenida de Vigo do Plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión con data do 1 de agosto de 2016, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan parcial relativo ao sector de solo urbanizable delimitado SUD-R06-avenida de Vigo do PXOM en vigor (memoria e planos, con data de xullo de 2016 –sen visar, asinado polo arquitecto Ramón Corrochano Royo, SITAG Arquitectura–). Este acordo determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento, no caso de que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, insírese/determínase expresamente a área afectada pola suspensión. Esta suspensión terá unha duración máxima de 2 anos, contados desde a devandita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Mentres dure a suspensión poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

O nomeado plan parcial, así como o expediente administrativo do que trae causa, sométense a trámite de información pública durante o prazo de dous meses, computado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios e na páxina web municipal.

Lugar e horario de exhibición: dependencias do Departamento de Urbanismo, Casa do Concello (3º andar). De luns a venres (agás festivos), das 9.00 ás 14.00 horas.

A Estrada, 1 de agosto de 2016

José C. López Campos
Alcalde

missing image file