Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de xullo de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición interposto contra a clasificación do monte veciñal en man común de Biduedo-ampliación, do concello de Triacastela (expediente 5/2015).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión do día 27 de xuño de 2016, baixo a presidencia de José Ramón Losada Fernández, e coa asistencia dos vogais Ramón Rozadillas Valverde, Josefina Pereira de la Riera, José Antonio Rojo Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a seguinte resolución:

«Monte de Biduedo-ampliación (expediente 5/2015). Pertencente aos veciños do lugar de Biduedo, parroquia de Lamas, no termo municipal de Triacastela, clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado do 29 de marzo de 2016. Con data do 6 de maio de 2016, ten entrada un escrito da comunidade propietaria do MVMC de Vilar, mediante o cal interpoñen un recurso de reposición contra a devandita resolución e solicitan a súa revogación, acordando non clasificar o monte de Biduedo (ampliación) de 8,56 hectáreas. (...) Examinado o devandito recurso, o Xurado, por unanimidade, acorda desestimar o recurso de reposición interposto pola comunidade de Vilar, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución do recurso.

Contra esta resolución, desde a súa notificación ou publicación, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 28 de xullo de 2016

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo