Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 26 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución do expediente 2011/206-36.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a seguir se indica, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2011/206-36.

Interesados: José Luis Barral Sánchez e Rocío Sánchez Lojo.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa de data 22 de xullo de 2016.

Vigo, 26 de xullo de 2016

A xefa territorial de Vigo
P.S. (Resolución do 21.7.2016)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Xestión Económica de Vigo