Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (expediente IN635C 2016/40-2).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada ou o seu representante legal deberá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 2 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesada

CIF/NIF

Núm. expediente

Acto que se notifica

C Mercedes CO 546 Lugo, S.L.

B27461243

IN635C 2016/40-2

Acordo de incoación