Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante acordo marco, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da subministración e xestión integral de medios de dixitalización e impresión de documentos en centros da Xunta de Galicia (expediente 62/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 62/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: determinar, mediante un acordo marco, as condicións homologadas que se aplicarán, durante o prazo de vixencia previsto no número 7 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), aos contratos derivados que adxudicarán os órganos de contratación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus entes instrumentais, naqueles casos en que a prestación dos servizos en materia de tecnoloxías da información e comunicacións corresponda á Amtega, así como os restantes departamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico, calquera outro organismo público de Galicia, así como as entidades ou consorcios locais, que decidan adherirse por medio do correspondente convenio, ou instrumento xurídico que permita a súa adhesión, relativos ao obxecto que se indica no número 2.2 do PCAP.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: este acordo marco estará vixente durante dous anos contados a partir da data da súa formalización.

d) Admisión de prórroga: non (pero os contratos derivados si se poderán prorrogar).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: o valor estimado do acordo marco é de 11.788.196,40 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=56288

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 19 de setembro de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 8 de agosto de 2016.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2016

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Acordo do 29.7.2016)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia