Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016070AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 29 de xuño de 2016, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2016070AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Lino Martínez Ares.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Lino Martínez Ares o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 18 de xullo de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016070AL-CO.

Interesado: Lino Martínez Ares (bodega A Coba das Atochas).

DNI/NIF/CIF: 32763386R.

Último enderezo coñecido: rúa San José, 19, 15002 A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.