De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 21 de xullo de 2016
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MON-CO-0015/2016-CSA.
Denunciado: Manuel Romero Rodríguez.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0018/2016-V.
Denunciada: Hortensia Poseiro López.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0146/2016-CAF.
Denunciada: Carmen Santos Sánchez.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0166/2016-CAF.
Denunciado: Julio Remuñán Vidal.
Acto de notificación: acordo de inicio.