Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2016/2441-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Tórculo Artes Gráficas, S.A.

Domicilio social: polígono industrial do Río Tambre, vía Edison, 33-35, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto dobre liña de media tensión soterrada, e centro de manobra e seccionamento de compañía, CT de 400 kVA 20 kV/400 V para cliente.

Situación: polígono industrial do Río Tambre, vía Edison, 33-35, 15706 Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada, con inicio na liña de distribución entre os centros de transformación 15CYX4 e 15CYX5, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2), lonxitude 65 m, e remate no CS proxectado.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interrutores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

– Centro de transformación en edificio prefabricado e próximo ao que alberga o CS, con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kVA) e un transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 5 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña