Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de adxudicación do contrato de xestión do servizo público educativo da escola infantil municipal de 0 a 3 anos, sita no recinto das piscinas do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Por acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local adoptado en sesión do 19 de xullo de 2016, adxudicouse o contrato de xestión do servizo público educativo da escola infantil municipal de 0 a 3 anos, sita no recinto das piscinas do Parque Tecnolóxico de Galicia, publicándose a súa formalización para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de San Cibrao das Viñas.

a) Organismo: Xunta de Goberno Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 29/2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: sancibrao.sedelectronica.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizo público.

b) Descrición: xestión do servizo público educativo da escola infantil municipal de 0 a 3 anos, sita no recinto das piscinas do Parque Tecnolóxico de Galicia.

c) Lote: non procede.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 85312110-3 (Servizo de coidado diúrno para nenos).

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: BOP de Ourense, DOG e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 9 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, oferta económica máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 876.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 438.000,00 euros. Importe total: 438.000,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de xullo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de agosto de 2016.

c) Contratista: Medrando, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 418.000,00 euros. Importe total: 418.000,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: mellor oferta técnica.

San Cibrao das Viñas, 2 de agosto de 2016

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa en funcións