De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0645/2016-PPM e seis máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 22 de xullo de 2016.
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0645/2016-PPM.
Persoa interesada: Gerardo Grova González.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: lugar Queiruga, 49, Porto do Són.
Expediente: PSC-CO-0655/2016-PPM.
Persoa interesada: Manuel Buiturón Liñeiro.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Escaselas, 5, Fisterra.
Expediente: PSC-CO-0677/2016-PPM.
Persoa interesada: Pablo Fernández Domínguez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: lugar de Cabo de Cruz, 22, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0679/2016-PPM.
Persoa interesada: Roberto García Gil.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: avenida Barraña, 1, bloque 3, 4º E, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0680/2016-PPM.
Persoa interesada: Ion Giurcanu.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Aldea de Arriba, 49, Cabo de Cruz, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0682/2016-PPM.
Persoa interesada: Nuno Manuel Oliveira Mariño.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: estrada de Catabois, 189, 3º I. A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0689/2016-PPM.
Persoa interesada: Gustavo-Alejandro Jara Oñate.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Nove de Agosto, s/n, Ribeira.