Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2016 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada e tramitación ordinaria, das obras de instalación de frío na lonxa de Meira-Moaña, procedemento cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), nun 75 % (expediente 19/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras

b) Descrición do obxecto: realización das obras de instalación de frío na lonxa de Meira-Moaña, Pontevedra.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución do contrato: dous (2) meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 45000000-7 e 42500000-1.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos na alínea N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 164.555,67 €. IVE (21 %): 34.556,69 €. Total: 199.112,36 €.

Valor estimado: 164.555,67 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea- Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 1.4.9: portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros), nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na alínea H da folla de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas J e K do prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías esixidas: definitiva: 8.227,78 € (5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 49 90/981 54 40 46 (consultas administrativas) e 981 54 02 01/981 54 02 02 (consultas técnicas)

d) Telefax: 981 54 50 03

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=53261

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03), ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.es).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a data e hora que se indique na páxina web expresada no punto 8 g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar