Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 14 de xuño de 2016 para o proxecto de explotación da concesión mineira Riocobo número 5863, no concello de Xermade (Lugo), promovido por Sílices de Fuentes, S.A.

De acordo co artigo 5, número 7, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG núm. 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, aplicable neste caso, a xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade á declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Riocobo nº 5863, situada en terreos do concello de Xermade (Lugo), promovido por Sílices de Fuentes S.A., formulada o 14 de xuño de 2016.

A dita resolución, que se refire a unha superficie de 18,6 ha cunha designación en coordenadas UTM x=600.769 e y =4.802.029, aproximadamente, incorpórase ao expediente e encóntrase á disposición de calquera interesado nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), así como no enderezo http://medioambiente.xunta.es

Lugo, 22 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo