Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación, sen que se puidese practicar, notifícaselles mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Dispoñen dun prazo de oito (8) días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga 9-1º (Centro Comercial Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.
Efectuado o dito trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.
A Coruña, 22 de xullo de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
1. Expediente: RL 2016/232-1.
Acta inf.: I152016000047567.
Empresa: Alimentación Shealma, S.L.
NIF: B70455191.
Concello: Culleredo (A Coruña).
Materia: relacións laborais.
Documentos que constan no expediente:
– Acta de infracción.
– Xustificantes das notificacións.
– Alegacións da empresa.
– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.