1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Cixtec.
2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
4º. Teléfono: 981 54 13 37.
5º. Telefax: 981 54 12 70.
6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.
8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2016-050.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento do edificio e das instalacións do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: 12 meses desde a formalización do contrato.
e) Admisión de prórroga: si. O prazo prorrogable será, como máximo, igual ao prazo de duración do contrato inicial.
f) CPV: 50800000-3.
3. Requisitos mínimos de solvencia:
a) Solvencia económica e financeira:
Medio: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos.
Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 47.045,46 € de volume de negocios. No caso de empresas cuxo período de actividade non abrangue os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior en todo caso á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.
O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario está inscrito no dito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante o seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
b) Solvencia técnica ou profesional:
Medio: relación dos principais servizos ou traballos similares ao obxecto da presente contratación realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, sexa público ou privado dos mesmos.
Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de traballos similares ao obxecto deste prego, nos cales o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 % do valor estimado deste contrato, IVE non incluído.
Estimarase solvente o licitador que acredite a realización de traballos por un importe de 21.945,55 €, IVE non incluído.
Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse da seguinte forma:
– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.
– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Valor estimado do contrato:
Importe: 62.727,28 euros.
6. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 31.363,64 euros. Importe total: 37.950,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2016: 10.330,83 €.
Exercicio 2017: 27.619,17 €.
7. Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación de ofertas:
1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex.
2º. Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.
Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.
10. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Cixtec.
b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Descrición: a data e a hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil de contratante e comunicaranse aos licitadores.
11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable