Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación das obras do campo de fútbol Monte da Mina.

Contratación das obras de renovación do céspede artificial no campo de fútbol de Monte da Mina, segundo o convenio coa Deputación Provincial de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Deportes. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 15121-333.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: execución das obras do proxecto de instalación de céspede artificial no campo de fútbol Monte da Mina-Castrelos (concello de Vigo). c) CPV: 45236110-4. d) División por lotes e número de lotes: non. e) Lugar de execución: Vigo. f) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 191.017,42 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicaranse importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 27 de xullo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación