Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato suxeito a regulación harmonizada do servizo de dirección de obra relativo ás obras de construción do novo edificio xudicial na cidade de Pontevedra, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 38-EM.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23472

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de dirección de obra relativa ás obras de construción do novo edificio xudicial na cidade de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos, 71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura, 71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de outubro, 15 de outubro e 6 de outubro de 2015, respectivamente.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 352.934,97 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 320.849,97 €. Importe total: 388.228,46 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de xuño de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 18 de xullo de 2016.

c) Contratista: Díaz & Díaz Arquitectos, S.L.P.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 250.000,00 €. Importe total: 302.500,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza