Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a subministración de diverso equipamento electromédico.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4º. Teléfono: 981 33 45 14/981 33 67 62/981 33 93 91.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-ASF1-16-018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de diverso equipamento electromédico para a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): cinco lotes.

– Lote 1: sistema de anestesia; lote 2: ecógrafo oftalmolóxico; lote 3: equipamento de dermatoscopia dixital; lote 4: equipamento de electromiografía e potenciais evocados; lote 5: torre de endoscopia ORL.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: máximo de 30 días naturais desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33172100-7; 33124120-2; 33166000-1; 33121300-7; 33168000-5.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso.

– Oferta económica (ata 50 puntos); características técnicas (ata 50 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 177.270,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 177.270,00 €; IVE: 37.226,70 €; Importe total: 214.496,70 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. .

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios.

11. Outras informacións.

Ferrol, 26 de xullo de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol