Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2016/1065-1).

Expediente: IN407A 2016/1065-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: subestación Mera 132 kV. Blindaxe MT e renovación aparamenta no parque 132 kV.

Concello: Ortigueira.

Características técnicas:

Blindaxe do parque de 20 kV que pasará ao interior dun edificio prefabricado tipo A-45 e estará integrado por celas blindadas, configuracion en simple barra, con illamento en SF6 tipo NxPlus-C de Isowat. Substituiranse, así mesmo, no parque de 132 kV os interruptores das posicions de trafo e seccionadores de barras das posicións 103, 101 e 104. Unha vez pasado o servizo MT ao novo edificio, procederase á desmontaxe do actual parque convencional.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña