Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34419

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no primeiro cuadrimestre do ano 2016 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para actividades de divulgación, difusión, promoción e formación sobre xeotermia en Galicia.

Obxecto: realizar actividades relacionadas co fomento da xeotermia en Galicia.

Sinatura: 29 de marzo de 2016.

Importe: 100.000 €.

Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa (Avebiom).

Obxecto: Inega, como coñecedor das instalacións que utilizan biomasa como biocombustible en Galicia, facilitará a Avebiom os datos das ditas instalacións e Avebiom, apoiado na información que obtén de instaladores, distribuidores de equipamentos e empresas de servizos enerxéticos, de subministradores de combustibles e do traballo de vixilancia da rede, facilitará ao Inega os datos das ditas instalacións.

Sinatura: 14 de abril de 2016.

Importe: 0,00 euros.

Nº: 3.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa (Avebiom) para a promoción e difusión da biomasa.

Obxecto: difusión das posibilidades técnicas, de integración, económicas e financeiras das distintas opciones de uso da biomasa térmica na edificación entre os cidadáns.

Sinatura: 15 de abril de 2016.

Importe: 50.000 euros.

Nº: 4.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia para a realización dun proxecto formativo e divulgativo relacionado coas enerxías renovables.

Obxecto: levar a cabo na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home un proxecto educativo de formación en enerxías renovables para a capacitación dos mozos e mozas que reciben atención terapéutica e converter a fundación nun centro de educación ambiental.

Sinatura: 4 de maio de 2016.

Importe: 150.000 euros.