Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016 pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de limpeza do Espazo Xove de Ourense (contratación documentalmente simplificada).

A Xefatura Territorial de Política Social en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que de seguido se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 46 /2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de limpeza do Espazo Xove de Ourense.

b) Prazo de execución: dous anos.

3. Procedemento e tramitación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Orzamento de licitación: 90.000,00 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 15.619,83 €.

5. Garantía. Definitiva: 5 % prezo de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: avenida da Habana, nº 79, 4º andar, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/.resultado.jsp?N=47843

7. Capacidade e solvencia: establécense nos pregos. Non se exixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana, nº 79, 4º andar, 32004 Ourense.

b) A data e hora da apertura publicarase na plataforma de contratación coa antelación suficiente.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de cinco euros con corenta e dous céntimos, 5,42 €).

Ourense, 5 de xullo de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense