Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se notifican as resolucións dos procedementos de reintegro das subvencións concedidas ao expediente TR352A 2012/599-0 e un máis regulados na Orde do 28 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 12 de marzo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás entidades relacionadas no anexo as resolucións dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 1º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do acordo e a constancia de tal coñecemento nun prazo de quince días.

Os interesados poderán alegar ou presentar os documentos que consideren pertinenes nun prazo de quince (15) días ante o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio se publica no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

1. Entidade: Fundación Andrea Gómez.

Enderezo: r/ Ramón Cabanillas, nº 5, entresollado, oficina 6, 32004 Ourense.

Nº de expediente: TR352A 2010/599-0.

Acto que se notifica: resolución do procedemento de reintegro.

Data do acto: 29 de abril de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 15.I.c) da citada Orde do 28 de febreiro de 2012 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 12.423,46 €.

2. Entidade: Asociación Xuvenil A Telleira.

Enderezo: r/ Arcebispo Xelmírez, nº 28, 2º.

Nº de expediente: TR352A 2012/511-0.

Acto que se notifica: resolución do procedemento de reintegro.

Data do acto: 29 de abril de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 15.I.c) da citada Orde do 28 de febreiro de 2012 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 9.822,00 €.