Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación da subministración sucesiva de lentes intraoculares, packs de material para intervencións de catarata, vitrectomía e córnea e cesión do uso do equipamento necesario, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente MS-EIV1-16-014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de lentes intraoculares, packs de material para intervencións de catarata, vitrectomía e córnea e cesión do uso do equipamento necesario.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: centros relacionados no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: dous anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33731110-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 3.759.120,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto 2.506.080,00 €. IVE 421.556,80 €. Importe total 2.927.636,80 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do día 18 de agosto de 2016.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusulas 3.5 do prego de cláusulas administrativas.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 13 de xullo de 2016.

Vigo, 13 de xullo de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo