Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (231/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 231/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Luis Cereijo Gago contra Sportauto Santiago, S.L. sobre cantidade, se ditou sentenza co número 179/2016, con data do 27 de xuño de 2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 231/2013, seguidos por instancia de Alberto Luis Cereijo Gago, representado e asistido polo letrado Sr. Lobato Iglesias, contra Sportauto Santiago, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza con base nos seguintes»,

«Que estimando integramente a demanda interposta por Alberto Luis Cereijo Gago contra Sportauto Santiago, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 6.778,42 euros brutos polos conceptos detallados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto desa cantidade devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sportauto Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza