Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (282/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 282/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Gorgal García contra Tolroga, S.L. sobre cantidade, se ditou sentenza co número 183/2016, con data do 28 de xuño de 2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 282/2013, seguidos por instancia de Antonio Corgal García, asistido pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra Tolroga, S.L. e Isaac González Peña, como administrador concursal de Tolroga, S.L., que compareceu ao xuízo oral; foi citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza con base nos seguintes,»

«Que estimando integramente a demanda interposta por Antonio Gorgal García contra Tolroga, S.L., debo condenar e condeno a Tolroga, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 4.463,03 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET sobre esa cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e o do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e condeno a Isaac González Peña, na súa soa condición de administrador concursal de Tolroga, S.L. a se ater á condena efectuada á mercantil concursada.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tolroga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza