Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34401

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria da Coruña

ANUNCIO do 22 de xullo de 2016 polo que se convoca concurso público para outorgamento dunha autorización para a explotación da cafetaría.

A Presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña, no uso das facultades que lle confire o acordo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, do 20 de decembro de 2006 (BOP nº 14, do 18 de xaneiro de 2007), no que se delega na Presidencia a competencia para o outorgamento ou denegación de autorizacións por un prazo de ata tres anos de duración, acordou convocar o concurso público para o otorgamento dunha autorización.

Obxecto:

• Explotación da cafetaría propiedade da Autoridade Portuaria da Coruña situada na praza de Ourense, anexa ao local social, e a prestación do servicio de comedor aos traballadores da Autoridade Portuaria da Coruña.

Prazo da autorización:

• Ata o 31 de decembro de 2018.

A obtención da documentación e información realizarase no edificio sede da Autoridade Portuaria da Coruña das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, ou a través da páxina web (www.puertocoruna.com), con data límite para a obtención da documentación o mesmo día que finaliza o prazo para a presentación das ofertas.

Data límite de presentación das ofertas:

• O prazo de presentación das ofertas rematará ás 14.00 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do día seguinte ao que se publique o anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará as 14.00 horas do día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar:

• Segundo o indicado no prego de bases do concurso.

Lugar de presentación das ofertas:

• A documentación ha de ser presentada no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria da Coruña no horario indicado anteriormente ou enviada por correo dentro do prazo de admisión sinalado, respectándose, en calquera caso, o segredo da oferta.

Cando a documentación se envíe por correo, deberase xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax, correo electrónico ou telegrama na mesma data, a algún dos seguintes enderezos:

– Fax: 981 21 96 07.

– Correo electrónico: registro@puertocoruna.com

– Enderezo: avenida da Mariña, 3, 15001, A Coruña.

(Transcorridos dez días desde a finalización do prazo de presentación sen recibir a documentación, esta non será admitida en ningún caso).

Apertura de ofertas:

• As ofertas serán abertas en acto público na sede da Autoridade Portuaria da Coruña e realizarase ao décimo día, contado a partir do día seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 22 de xullo de 2016

Juan Diego Pérez Freire
Director da Autoridade Portuaria da Coruña