Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34307

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016

Convenio

Importe

Data sinatura

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para a realización das análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún de Galicia nas explotacións leiteiras.

425.050,00 €

1.1.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) para a realización de probas para determinar o rendemento leiteiro de gando vacún dentro do programa galego de selección e mellora da raza frisona, para o período 2016/19.

2.660.000,00 €

1.1.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e Televisión de Galicia, S.A. («O Agro» e «Labranza»), 2016.

50.000,00 €

16.3.2016

Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Consellería do Medio Rural para o financiamento dos gastos ocasionados polo persoal destacado na oficina da Fundación en Bruxelas.

5.000,00 €

31.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Semana Verde de Galicia.

65.000,00 €

8.4.2016