Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da incoación do expediente IN635C 2016/28-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás entidades que se relacionan no anexo a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de industria, por non ser posible por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os/as interesados/as ou os seus representantes dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 15 de xullo de 2016

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, núm. 232, do 4 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2016/28-4.

Interesado: José Antonio Bouzas Barros.

CIF: 76817195R.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.

Expediente de reclamación: IN635C 2016/40-4.

Interesada: Autos y Maquinaria Sur del Lago, S.LU.

CIF: B32433641.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.