De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 6 de xullo de 2016
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: CAZ-OU-144/2016-V.
Interesado: Arsenio Fidel Prieto Martínez.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Acto adoptado: pola xefa territorial.
Expediente: PES-OU-32/2016-V.
Interesado: Geroyko Petrov Gerasimov.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Acto adoptado: pola xefa territorial.