Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de accións de comunicación dixital da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia durante o ano 2016, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, tramitación anticipada e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil de contratante: 30 de decembro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: impulsar un conxunto de estratexias e accións de comunicación dixital que complementen a campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia, así como o Camiño de Santiago en particular, durante o ano 2016, coa intención de manter a sensibilización da poboación galega, nacional e internacional, así como os sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia na internet e redes sociais.

Comprende 3 lotes:

Lote 1. Accións publicitarias na internet.

Lote 2. Estratexia de comunicación nas redes sociais de turismo de Galicia.

Lote 3. Monitorización do destino Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios e cofinanciado no 80 % polo P.O. Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2).

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1. Importe sen IVE: 213.223,14 €. Importe IVE (21 %): 44.776,86 €. Total: 258.000,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 82.644,63 €. Importe IVE (21 %): 17.355,37 €. Total: 100.000,00 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 33.057,85 €. Importe IVE (21 %): 6.942,15 €. Total: 40.000,00 €.

Importe total dos tres lotes (IVE incluído): 398.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de xuño de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xuño de 2016.

c) Adxudicatarios:

Lote 1. Ingenio Media, S.L.

Lote 2. Empresas de Comunicación, Marketing e Investigación, S.A.

Lote 3. Barrabés Internet, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: importe sen IVE: 180.000,85 €.

Lote 1: importe sen IVE: 55.983,00 €

Lote 1: importe sen IVE: 20.430,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia