Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33789

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 14 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016.

BDNS (Idenf.): 313434.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Os concellos cuxa poboación sexa inferior a 10.000 habitantes no padrón municipal de habitantes do ano 2015 segundo as cifras oficiais publicadas polo Instituto Galego de Estatística en 1 de xaneiro de 2016, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos.

Segundo. Obxecto

Fomentar o emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 14 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse seis millóns novecentos mil euros (6.900.000 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria