Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33901

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a dar publicidade da resolución ST 1/2016 da mesma data pola que se convocan, para vinculacións temporais, por concurso de méritos, varias prazas de facultativo especialista.

O xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculacións temporais, por concurso de méritos, de varias prazas de facultativo especialista.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse nos rexistros da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de xuño de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo