Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia, do acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.
O acto obxecto de notificación adoptouse polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 12 de xullo de 2016
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
VP-C 12/16 |
Alfredo Barrul Escudero |
678-W |
VP-C 13/16 |
Eduardo Regueira Gago |
568Q |