Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 4 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada (expediente 15005009011R e dous máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións dos recursos de alzada presentados polos interesados, publícanse mediante este edicto as notificacións das ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, contra as cales se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 4 de xullo de 2016

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Concello

Carmen Barrul Barrul

47404045X

15005009011R

Recurso de alzada desestimado

Arteixo

Carmen Iglesias Marán

32753644B

15030046015R

Recurso de alzada desestimado

A Coruña

Deyanira M. Hernández Carretero

49681597X

15075000915R

Recurso de alzada desestimado

Sada