Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica o traslado das solicitudes de revogación das resolucións da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 18 de decembro de 2012 e 16 de maio de 2013 (expediente IU1/18/2012-A3).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, dáselle traslado a José Manuel González Espasadín, do escrito presentado por José Francisco Ponte Regueira, no cal solicita a revogación da resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 16 de maio de 2013, e dos escritos presentados por María Ponte Pastoriza, nos cales tamén solicita a revogación da dita resolución, así como a da resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 18 de decembro de 2012.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio