Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33378

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda xustifícase na aprobación do Decreto 165/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG núm. 220, do 18 de novembro) e nas súas necesidades funcionais e organizativas.

En consecuencia, por proposta da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 21 de xullo de 2016, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Clasifícase de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Libre designación

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

IV.C03.00.000.15770.040

Xefatura Servizo Estudos e Apoio Xurídico

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de xullo de 2016, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file