Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016221TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 24 de maio de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2016221TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra João Paulino do Nascimento Junior, con NIE Y0103628G, como titular do establecemento Club Falcon Crest.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica a João Paulino do Nascimento Junior o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 20 de xuño de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2016221TA-PO.

Denunciado: João Paulino do Nascimento Junior, con NIE Y0103628G, como titular do establecemento Club Falcon Crest.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Palacios, 120, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos: disposición adicional terceira da Lei 28/2005, que establece que nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75 €).