Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33346

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 20 de xuño de 2016, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de alleamento por poxa pública á alza das parcelas municipais 124, 127, 128, 129, 225, 226, 249, 250, 251 e 252 (expediente 1827/433).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 17 de xuño de 2016, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de condicións administrativas para o alleamento por poxa pública á alza en sobre pechado das parcelas municipais 124, 127, 128,129, 225, 226, 249, 250, 251 e 252 do IPMS, con destino urbanístico á construción de vivendas unifamiliares libres, e dispor a apertura do procedemento de adxudicación e a súa publicación mediante anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1827/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio na praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).

Lotes que se van allear: 10 lotes (ver detalle).

Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación de cada lote a que concorran.

Modalidade de alleamento: poxa pública na súa modalidade de sobre pechado.

Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo, https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante

Prazo de presentación de propostas: 45 días naturais desde a publicación do último anuncio.

Lugar de presentación de ofertas*: luns a venres: Rexistro da XMU, das 9.00 ás 13.30 horas. Sábados: Rexistro do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.00 horas.

*Presentación por correo ou formas do artigo 38.4 Lei 30/1992: deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por fax ou telegrama. Nº de fax: 986 22 47 80.

Forma de presentación de ofertas: a indicada no número 8.2 do prego de condicións, consonte os modelos anexos ao prego.

Lugar, día e hora do acto público de apertura de ofertas: na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, ás 10.00 horas do primeiro martes seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións.

As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.

Descrición dos lotes:

Lote 1. Parcela 124 PMS: parcela 58 P.P. Pombal-camiño Finca de Aires, s/n.

Situación: camiño Finca de Aires, s/n.

Ref. catastral: 3242601NG2734S0001MO.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, tomo 1117, libro 1117, folio 25, predio rexist. 72415.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 93.702,32 euros (máis IVE).

Lote 2. Parcela 127 PMS: parcela 61 P.P. Pombal-camiño Finca de Aires, s/n.

Situación: camiño Finca de Aires, s/n.

Ref. catastral: 3242604NG2734S0001RO.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, tomo 1117, libro 1117, folio 34, predio rexist. 72418.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 84.308,00 euros (máis IVE).

Lote 3. Parcela 128 PMS: parcela 62 P.P. Pombal-camiño Finca de Aires, s/n.

Situación: camiño Finca de Aires, s/n.

Ref. catastral: 3242605NG2734S0001DO.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, tomo 1117, libro 1117, folio 37, predio rexist. 72419.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 84.308,00 euros (máis IVE).

Lote 4. Parcela 129 PMS: parcela 63 P.P. Pombal-camiño Finca de Aires, s/n.

Situación: camiño Finca de Aires, s/n.

Ref. catastral: 3242606NG2734S0001XO.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, tomo 1117, libro 1117, folio 40, predio rexist. 72420.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 93.702,32 euros (máis IVE).

Lote 5. Parcela 225 PMS: parcela 10 U.A. 2 carrasqueira.

Situación: rúa Combro s/n (Coruxo).

Ref. catastral: 81207C7NG1782S0001PY.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2192, libro 1257, folio 7, predio rexist. 70343.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 64.581,93 euros (máis IVE).

Lote 6. Parcela 226 PMS: parcela 11 U.A. 2 carrasqueira.

Situación: rúa Combro s/n (Coruxo).

Ref. catastral: 81207C8NG1782S0001LY.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2192, libro 1257, folio 13, predio rexist. 70345.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 64.581,93 euros (máis IVE).

Lote 7. Parcela 249 PMS: parcela 5 P.C. U.A. 1 tomada-S. Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia.

Ref. catastral: 9429916NG1792N0001OW.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 11, predio rexist. 75388.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 98.322,20 euros (máis IVE).

Lote 8. Parcela 250 PMS: parcela 6 P.C. U.A. 1 tomada-S. Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia.

Ref. catastral: 9429917NG1792N0001KW.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 16, predio rexist. 75390.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 98.326,53 euros (máis IVE).

Lote 9. Parcela 251 PMS: parcela 26 P.C. U.A. 1 tomada-S. Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia.

Ref. catastral: 9429925NG1792N0001JW.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 116, predio rexist. 75430.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 78.920,83 euros (máis IVE).

Lote 10. Parcela 252 PMS: parcela 39 P.C. U.A. 1 tomada-S. Paio de Navia.

Situación: rúa Tomada-Navia.

Ref. catastral: 9429909NG1792N0001LW.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 186, predio rexist. 75458.

Cargas e gravames: ver descrición.

Tipo de licitación: 104.626,35 (máis IVE).

Vigo, 20 de xuño de 2016

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
(Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo